15:00 h. viernes, 19 de abril de 2024

Aprobada a concesión de 200 bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo por unha cuantía global de 70.000 €

Stadio Sport  |  28 de diciembre de 2014 (01:24 h.)
IMG_6259

“Recibíronse máis de 300 solicitudes, das cales en función das bases publicadas no seu momento obtiveron axuda 200 deportistas. O orzamento das axudas varía entre os 300 e os 900 euros”, explicou Mario Outeiro

 

O deputado e voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, anunciou onte na rolda de prensa posterior á xunta de goberno do organismo provincial a concesión de 200 bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo incluídas dentro da anualidade do 2014.

Outeiro explicou que por cuarto ano consecutivo se mantén a cuantía global da axuda destas bolsas en réxime de concorrencia competitiva, que ascende a 70.000 euros. “En total recibíronse máis de 300 solicitudes, das cales en función das bases publicadas obtiveron axuda 200 deportistas. O orzamento das axudas varía entre os 300 e os 900 euros”, concretou.

Nestas bolsas establecéronse catro grupos. “No grupo A, até 16 anos, hai 139 beneficiarios, que se repartirán 46.250 euros. O Grupo B, de 17 a 25 anos, conta con 54 euros e unha axuda total de 20.750 euros, mentres que no C, de 26 a 35 anos, as 4 bolsas repartiranse 1.250 euros. Finalmente, no grupo D, deportistas con capacidades diferentes e menores de 36 anos que sufriran algunha lesión durante o 2013 ou parte del, hai 3 axudas concedidas por un global de 1.750 euros”, precisou.

Mario Outeiro sinalou que se recibiron solicitudes de deportistas “dunha vintena de modalidades (tenis, tiro olímpico, tiro con arco, triatlón, pentatlón, natación, taekwondo, piragüismo, baile deportivo,…) que falan tamén da variedade de deportes practicados na provincia e os cales a Deputación, a través destas axudas, quere chegar servindo de ferramenta para a súa consolidación na provincia”, concluíu. 

Hemeroteca