00:01 h. martes, 19 de marzo de 2024

Aventuras de Samaín nos Tilos

Stadio Sport  |  30 de octubre de 2015 (16:20 h.)

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos abriu as súas portas nun horario continuado de 7:30 a 20:30 horas, dinamizando unha serie de actividades e obradoiros entorno á temática do día do Samaín

 

Este venres, na liña da Conciliación Familiar, Laboral e Persoal, a Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos abriu as súas portas nun horario continuado de 7:30 a 20:30 horas, dinamizando unha serie de actividades e obradoiros entorno á temática do día do Samaín. Un sinfín de aventuras terroríficas disfrutaron máis de cincuenta participantes con idades comprendidas entre o 3 e os 11 anos.

Entre as actividades levadas a cabo destacar o obradoiro de cociña onde elaboraron unha tumba de chocolate, a manualidade dos máis cativos e cativas que crearon un morcego, a gran variedade de xogos terroríficos, unha ximkhana montruosa...

Estas aventuras repetiranse centradas na temática do San Martiño e Magosto, para o próximo 11 de novembro, que teremos xornada de conciliación novamente con horario continuado.

Hemeroteca