06:26 h. Martes, 21 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

A Casa do Deporte acolle unha velada de boxeo con Alberto Piñeiro “O Piña” o próximo venres 8 de maio

A partir das 23 horas terán lugar 6 combates profesionais e amateur 

 

Stadio Sport  |  04 de Mayo de 2015 (20:52 h.)
Más acciones:

 

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Miki Sánchez, adestrador de boxeo, e Alberto Piñeiro “O Piña”, boxeador, presentaron este luns unha nova velada de boxeo Galicia Terra de LoitadoresIII que se celebra este venres 8 de maio na Casa do Deporte en Frigsa.

Así, a partir das 23 horas, celebraranse 6 combates diferentes nos que participarán tanto boxeadores amateur como profesionais e nos que o lucense Alberto Piñeiro “O Piña” competirá contra o boxeador profesional Fran González, que ten as súas costas máis de 27 combates profesionais e nos que loitou contra campións europeos e españois. O cartel desta velada de boxeo estará composta ademais por Omar Shackur, Christian Álvarez, Adrian “El Cazador”Miraz, e Diego “O Ferro” Couceiro.

Díaz Grandío destacou “un aumento do interese polo deporte do boxeo na cidade como consecuencia de novos boxeadores que están traballando moi ben e permite facer veladas cun boxeo de bo nivel en Lugo como en épocas pasadas”.

Miki Sánchez explicou que os combates son moi interesantes e o rival de “O Piña” ten un nivel moi alto con moita experiencia e invita a toda a cidadanía interesada en coñecer este deporte a achegarse a esta velada de boxeo.