00:09 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A xornada nos equipos do CB Noia

Stadio Sport  |  04 de marzo de 2015 (04:00 h.)
juveniles Noia

Dúas victorias e tres derrotas nas distintas categorías do clube noiés a pasada fin de semana

 

2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINO:

C.B. LICEO DE NOIA 80-32 BASKET DEZA
Parciais: 17-0, 14-8, 15-5 e 34-19.

Encontro prácido para o equipo noiés que se impuxo de inicio a fin do mesmo.

Os dous primeiros cuartos dos locais foron excelentes, ocupando moi ben os espazos en ataque e defendendo moi activos no un contra un, pendentes das axudas do lado sen balón en defensa. Esta actitude propicio que o equipo de Lalín non conseguira a súa primeira canastra ata o minuto 6 do segundo cuarto (24-2).

Durante toda a contenda os locais souberon aumentar a vantaxe no electrónico grazas a un ataque ordenado ante o cal a zona visitante non conseguía poñer freo.

Destacar a gran actuación de tódolos xogadores do equipo barbanzán, xa que a aportación nos dous lados da cancha destes rapaces foi o que permitiu esta gran victoria.

Este é o camiño a seguir, pero hai que continuar traballando para mellorar ainda moito máis (según o adestrador, Martín Insua).

Polo CB Liceo de Noia xogaron e anotaron: Mateo (5), Hugo (2), Marcos (30), Santi (7), Jose Hermida (12), Jorge Porras (6), Quique (16) e Fran (2).

 

TERCEIRA DIVISIÓN SENIOR MASCULINO

CB Noia 57 – CB San Pelayo 56

Oitava victoria do equipo noiés no que vai de tempada despois dun partido moi complicado e con opcións de cara a victoria para os dous conxuntos que se enfrontaban.

O partido comezou moi igualado con pouco acerto ofensivo por parte de ambos equipos, aínda que os visitantes conseguiron unha pequena vantaxe de 3 puntos gracias ós erros do conxunto local en defensa, chegando a permitir ata tres triplas dos santiagueses neste cuarto.

O segundo cuarto comezou cun Noia impoñendo o seu ritmo en ataque, intentando rebotear e saír á contra, o que permitiu recortar a vantaxe que tiñan os visitantes. Podíase pensar que os locais eran quen de irse no marcador pero os visitantes aferráronse ao partido e chegouse ao descanso cun marcador de 29-28.

Tras o descanso os noieses pasaron por un mal momento xa que no aspecto ofensivo se repetían os erros, en parte, debido á dura defensa do equipo santiagués. Mentres en defensa os locais non eran capaces de frear ó equipo visitante que conseguiu unha vantaxe de 5 puntos a favor antes de chegar ao último cuarto.

No último período, os locais intentaban acercarse no marcador e cada vez que o conseguían unha serie de malas decisións levábanos a poñerse por detrás de novo. Aínda así os dous equipos chegaron en diferencias mínimas aos minutos finais do partido onde era preciso manter a cabeza fría. Dentro dos últimos 15 segundos Joseba conseguiu empatar o partido a 55 puntos facendo previsible unha prórroga que nunca chegaría, xa que a 3 segundos do final Óscar cometeu unha falta que lle daba a opción os visitantes de adiantarse no marcador. Pero solo foron quen de anotar un dos tiros libres dos que dispuxeron e, contra todo pronóstico, chegou unha contra final dos noieses conducida por Joseba e que rematou Rober anotando a canastra gañadora sobre a bocina.

Un gran partido pelexado e loitado ata o final e que demostra que este equipo pode soportar a presión en momentos complicados. Destacar a actuación de Iván, xa que o xuvenil realizou un gran partido anotando 11 puntos despois de ter xogado os 40 minutos do partido anterior co seu equipo, minutos antes do comezo deste partido. Queda animar a Xandre, Álex e Kevin que se están recuperando de sendas lesións e que esperamos telos de volta canto antes. Mentres tanto a seguir traballando rapaces!

Tanteo:
1º Cuarto 12-15 2º Cuarto 17-13 3º Cuarto 9-15 4º Cuarto 19-13

Xogadores e anotadores:
Rober (5), Óscar (13), Paspi (2), Brais (6), Joseba (11), Iván (11), Sergio (6), Pablo e David (3)

 

PRIMEIRA DIVISIÓN SENIOR MASCULINO

ESTUDIANTES LUGO 62-53 CB NOIA

Outra derrota mais do CB Noia fóra da casa, desta volta fronte o Estudiantes de Lugo, nun partido que se decidiu nos últimos intres.

Chegaban os noieses á cidade amurallada coas baixas de Andrés, Alex, Xandre, Pablo e Barry, tirando de zonal con Oscar David e Brais Abeijon.

O encontro comezou cun Estudantes seguindo o seu guión, ritmo alto de xogo e ataque rápido, precipitación na que caeu o Noia, provocando pérdidas de balón e tiros precipitados. Remate do primeiro cuarto 16-11.

No segundo cuarto o CB Noia entonouse na defensa, mais os erros en thataque persistian, malia todo o CB Noia logrou
chegar a 3 puntos dos locais e coas esperanzas postas na segunda metade.

Na inauguración o CB Noia, saiu mais entonado, apretando en defensa e con millores ataques, e cun parcial de 11-15, afrontaba o último cuarto un punto arriba 36-37.

No último cuarto o CB Noia sobraronlle os 5 minutos fináis deixando escapar un partido que por momentos parecía no peto, mais as perdas e a anarquia ofensiva, fixeron que se chegase o 62-53 final.

Anotadores: Julián (13), Joseba (5), Pallares (12), Iván (2) e Chechu (18)-quinteto inicial -Martín (2), Brais Abeijon (0), Oscar David (0), Serxo (2).

 

TERCEIRA DIVISIÓN SENIOR FEMININO

CB NOIA 46- 50 MESÓN A VILA

 

XUVENIL MASCULINA

CB NOIA 48-50 COMPAÑÍA DE MARÍA

PARCIALES: 10-14/12-9_20-7/6-20

Partido disputado na tarde do sábado no pavillon Alonso Rodriguez de Noia.

Comezaron os nosos con moitas dubidas encaixando un parcial de 0 a 7 sobre todo por non pechar ben o rebote defensivo, todo cambiou ca incorporacion o xogo de Oscar asegurando o
rebote e permitindo rapidas transicións finalizadas por Pablo , asi chegamos o descanso con tan so un punto por debaixo.

No terceiro cuarto xogamos os mellores minutos de toda a tempada destacando todo equipo tanto defensa como no ataque.

No derradeiro cuarto todo se nos foi das mans, o equipo rival plantouse nunha zoa 1-3-1 e a precipitación os malos pases e o desacerto fixeron o resto, os erros no pase permitironlle sair
o compañia en contrataque anotando canastras faciles , a falta de 5 segundos o noso equipo estaba dous puntos por debaixo pero con dous tiros libres de Oscar fomos quen de empatar o
partido, quedaban tan so 2 segundos ca orde de non cometer falta, pero un erro defensivo levou o rival a liña dos libres anotando os dous tiros e deixandonos sen marxe para intentar a
canastra .

En definitiva imonos quedar co positivo, mellora importante do conxunto en xeral , que con traballo e asistencia os adestramentos vainos facer poder xogar mellor os minutos finais (di o seu adestrador, Jorge Queiro).

XOGARON E ANOTARON: UNAI 5, CARLOS 2, VICTOR 2, ASIER ,PABLO 12,MIGUEL , IVAN 23, OSCAR E ALEX.

 

Por outra banda, Sandra Ortega Mera, Presidenta da Fundación Paideia, e Nucha Calvo, Presidenta do CB Noia, firmaron un acordo de colaboración para a mellora das instalacións de uso deportivo do CB Noia. O club agradeceu a colaboración da Fundación Paideia na donación de equipos informáticos e material tecnolóxico.

Hemeroteca