16:17 h. Lunes, 14 de octubre de 2019

A xornada nos equipos do CB Noia

Seis victorias e dúas derrotas nas distintas categorías do clube noiés

Stadio Sport  |  11 de febrero de 2015 (00:58 h.)
Más acciones:

 

PRIMEIRA DIVISION

CB NOIA 75-39 UNIVERSITARIO OURENSE

E como non hai quinto malo, tras catro derrotas, por fin visitou a señorita victoria a cancha do CB Noia, e dun xeito un tanto esaxerado, pois o 75-39 final, son fiel reflexo do acontecido na cancha.
O primeiro cuarto foi o que marcou o partido, os noieses cun dominio interior en xogo e rebote, e acerto exterior, xunto cunha defensa abafante, puxeron un marcador no electrónico de 23-8, un mais 15 que condicionou o resto do encontro.

 

 

No segundo cuarto, os ourensans tiveron algo mais de acerto e a relaxacion local, fixeron que o segundo cuarto o dominase o cuadro visitante, cun parcial 12-17, chegandose o descanso cun 35-25 que deixaba o choque aberto.

Arrincaba o terceiro cuarto, e os locais non permitiron que o partido marchase no bus ourensan, e coa concentración e intensidade, que normalmente saian do pavillon tralo descanso, sumaron un 23-7 (+16).

O último cuarto foi un tramite con minutos para todolos xogadores ate chegar a un abultado 75-39 sumando os de Ángel Noya unha victoria que agardamos sexa o inicio dunha racha tralo parón do entroido.

Anotadores: Julián (21), Lake (5), Pallares (10), Ivi (9) e Mallo (14)-quinteto inicial - Andresito (4), Serxo (0), Xandre (0), Pablito (6) e Silvich (5).

 

TERCEIRA DIVISIÓN SENIOR MASCULINO

CB Noia 58 – Baloncesto Sar 51

Reencontro ca victoria por parte dos nosos, despois de dúas derrotas consecutivas, tras un partido de gran intensidade e moi traballado.

O primeiro cuarto comezou cos dous equipos perdidos, sobre todo en ataque, pero pouco a pouco foise subindo o nivel e, pese a conseguir pequenas vantaxes, os locais non foron quen de conseguir unha boa renta ao fin deste período, rematando así cun empate a 14 puntos.

O segundo cuarto foi moi trabado para os nosos con moitas perdas en ataque e malas decisións acompañados de problemas no rebote defensivo, que levaron aos visitantes a distanciarse no marcador, deixando ós noieses cuns tristes 5 puntos anotados no cuarto. Así chegouse cunha diferenza de 8 puntos ao descanso.

Tras o descanso os locais saliron con outra actitude, decididos a levarse o partido. Gracias a unha gran defensa colectiva xunto cunha boa transición ofensiva, os noieses recuperaron a diferenza de 8  puntos rapidamente. Seguindo con esta dinámica e cunha notable mellora do acerto no tiro exterior, con 4 triplas anotadas neste cuarto, o conxunto local conseguiu unha vantaxe de 6 puntos. Destacar a actuación de Álex neste cuarto no que anotou 12 puntos, incluíndo 3 triplas.

O último cuarto fíxose moi longo para os locais, pero aínda así lograron manter o ritmo ante as acometidas do equipo santiagués mantendo un bo nivel na defensa. A producción ofensiva non foi das mellores pero servíu para manter os visitantes a unha distancia cómoda de manexar e incluso permitíu conseguir un punto máis de vantaxe ao final do partido. Deste xeito o partido concluíu cunha renta de 7 puntos a favor do Noia.

Un partido que deixa boas sensacións no seo do equipo e que axudará a afrontar futuros compromisos coa entrega e garra da que se fixo gala, sobre todo, no terceiro cuarto. Deste xeito o equipo noiés mantense na zona noble da clasificación e terá que seguir loitando por cada victoria. Mención especial para Kevin e Sergio que non puideron disputar o partido por sendas lesións e que esperemos se recuperen pronto para próximas xornadas. Mentres tanto toca entrenar e preparar o seguinte partido. A seguir traballando rapaces!

Tanteo:

1º Cuarto 14-14  2º Cuarto 5-13  3º Cuarto 26-12  4º Cuarto 13-12

Xogadores e anotadores:

Rober (4), Óscar (8), Paspi (2), Brais (3), Joseba (10), Iván, Xandre (7), Álex (24) e David

 

2ª DIVISIÖN XUVENIL MASCULINA

CB NOIA 39-44 APB FONTIÑAS ALCAMPO

PARCIAIS: 6-10/5-13_17-10/11-11

Unha mala primeira parte privou o CB Noia dunha nova vitoria.

Nin unha defensa zoal, nin a defensa o home, os nosos rapaces non estaban na maña do domingo pola laboura defensiva. Todo esto sumado o preocupante desacerto ofensivo, tan so 11 puntos en toda a primeira metade, fallando canastras sos debaixo do aro.

Na segunda metade todo foi un pouco mellor ainda que seguiamos cometendo moitos erros defensivos, ademais que o contar con tan so 7 xogadores, un deles cadete de primeiro ano, privounos da intensidade e frescura necesarias para ofrontar os minutos decisivos do encontro.

So nos queda a mellora co traballo diario para tentar poder competir contra calquer equipo de ti a ti.

XOGARON E ANOTARON: UNAI 2, CARLOS 0, VICTOR 2, ASIER 3, PABLO 4, OSCAR 2 E IVAN 26

 

CADETE MASCULINO 2 DIVISION

LA SALLE 53- 40 CB NOIA

PARCIALES: 14-12/13- 4_16-8/10-16
Comezou o noso cadete o partido con moi boa actitude, dandolle intensidade a defensa e con moi boas decisions en ataque, pero todo foi efímero pois os nosos propios erros fixeronnos irnos do partido. 

Errores infantis, e o peor e que sempre son o mesmo tipo de error que nos penaliza durante o encontro,tan so queda adestrar duro para reducir o numero de erros e deste xeito poder competir contra calquer equipo da nosa categoría. 

XOGARON E ANOTARON: Jose Fernandez 4, Lois 2, Asier 6 , Dani 10, Javi 7, Andre 4, Martin 2, Jose Sanles 3, Anton 2 e Pablo.

 

2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINO

Liceo de Noia 65 - 36 ADB Fontiñas Gato Negro

 

ALEVINS

Os alevíns do CB Noia Liceo venceron ao Sin Son CBPS nun moi bo partido cimentado, sobre todo, na defensa e no traballo de todos os xogadores.

 

BENXAMÍNS E PREBANXAMÍNS

Victoria dos equipos do CB NOIA LICEO nesta xornada da liga XOGADE!! Unha gran tarde do domingo onde os máis pequenos do club foron os protagonistas, disfrutando do xogo e do compañerismo entre rivais na pista, e amigos fóra dela.