00:00 h. martes, 19 de marzo de 2024

XI Navibasket Vila de Noia

Stadio Sport  |  30 de diciembre de 2015 (20:17 h.)

Un ano máis, o Club Baloncesto Noia está a organizar o seu tradicional torneo de Nadal, que se celebrará en Noia o domingo 3 de xaneiro do 2016, e que contará ca colaboración do Concello, como en anos anteriores

 

Nesta edición cambiamos as categorías doutros anos, pois pretendemos apoiar o baloncesto de base que ten menos competicións ó longo do ano, así que as categorías serán: infantil masculino, alevín mixto, benxamín masculino, benxamín feminino e baby.

Uns 250 rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos daranse cita no pavillón Alonso Rodríguez, a partires das 10h da mañán do domingo. Son 20 equipos de clubs do Barbanza (CB Porto do Son, e Santa Baia), de Santiago (Compañía de María e Galo Grim) e de Vilagarcía (AD Cortegada), que pasarán o día competindo, participando en concursos de tiro ou habilidades e facendo amigos. Porque o torneo serve para que se divirtan xogando ao baloncesto e se relacionen. 

O Navibasket rematará ás 20.30h, despois da entrega de trofeos por parte do alcalde, Miguel Paz, o concellal de deporte, Agustín Mourís e a directiva do CB Noia.

Hemeroteca