00:06 h. viernes, 19 de abril de 2024

Suma e segue do Breogán

Stadio Sport  |  21 de diciembre de 2014 (02:00 h.)
breogan

Os celestes impuxéronse con claridade ao MyWigo Valladolid (80-62) e sitúanse no máis alto da táboa igualados con Planasa Navarra e COB

 

O inicio foi celeste cun parcial de 12-2, pero o Valladolid equilibrou o encontro no segundo cuarto, o máis frouxo dos breoganistas, e se chegaba a o intermedio con igualdade total no marcador (26-26).

Tras o descanso o Ribeira Sacra deu un recital de baloncesto que incluía un parcial de 17-0 no terceiro cuarto  o que foi definitivo para  asegurar unha vitoria moi importante para seguir loitando por todo na competición (80-62).

Destacou o bo partido de Breandon Edwards (19 puntos,6 rebotes, 2 asistencias, 3 recuperacións e 2 tapóns para 25 puntos de valoración). Tamén destacaron na anotación Samb con 15 puntos e Llorca con 11, e as 11 asistencias de Dani López  ou os 7 rebotes de Matulionis.

 

Foto: Pat Muñoz - CB Breogán

Hemeroteca