04:04 h. sábado, 26 de septiembre de 2020

Presentación da nova equipación do COB, "Ourense, a provincia termal"

Stadio Sport  |  26 de noviembre de 2014 (00:00 h.)

A achega da Deputación de Ourense para o COB é de 216.000 euros, unha subvención nominativa que se concede ao marxe de calquera outra achega, ao igual que acontece coa do Rally de Ourense

 

No Pazo dos Deportes "Paco Paz" da Deputación de Ourense tivo lugar onte a presentación da nova equipación do Club Ourense Baloncesto SAD (COB) "Ourense, a provincia termal". No acto participaron o presidente provincial, Manuel Baltar; o presidente do Consello de Administración do COB, Antonio Gavilanes, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, xunto co corpo técnico e os xogadores do club. Baltar lembrou que o COB "é o equipo deportivo que está nunha categoría inmediatamente anterior á máxima do baloncesto profesional en España e decidiu que na súa equipación figurase o lema "Ourense, a provincia termal", que non só é un lema senón tamén é o resultado desa colaboración coa Xunta de Galicia, a través do Plan Termal, para distinguir á nosa provincia como un referente singular no ámbito do termalismo".

Manuel Baltar felicitou ao equipo pola traxectoria e os éxitos deportivos e dixo que o deporte é un vehículo publicitario importante "e a Deputación de Ourense forma parte do accionariado do COB e estivo e seguirá apoiando a este clube que levará na súa camiseta ese referente termal da nosa provincia, que nos une e nos distingue aos ourensáns".

O presidente provincial lembrou que el tamén estivo no pasado dirixindo este clube "e por iso doume conta das dificultades que supoñen as xestións diarias, polo cal agradezo o traballo que están a facer o consello de administración e os profesionais deportivos para que a imaxe de Ourense sexa a mellor posible".

A achega da Deputación de Ourense para o COB é de 216.000 euros, unha subvención nominativa que se concede ao marxe de calquera outra achega, ao igual que acontece coa do Rally de Ourense. "Somos a única administración de España que destina o 80 % das súas axudas mediante convocatoria pública e competitiva, facemos excepcións con este caso porque somos accionistas do COB e tamén co Rally de Ourense porque neses días que se celebra é a proba deportiva que máis retorno económico produce para a provincia de Ourense", explicou Manuel Baltar.

Hemeroteca