00:09 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Gran acollida do X Navibasket Vila de Noia

Stadio Sport  |  05 de enero de 2015 (23:11 h.)
20150104_215651_P1040407

200 nen@s déronse cita este pasado domingo nos pavillóns Alonso Rodríguez e Municipal no tradicional torneo noiés

 

O domingo 4 de xaneiro celebrouse o X Navibasket "Vila de Noia" no que participaron 200 nenos e nenas de categorías infantil e cadete. Tivo lugar nos pavillóns Alonso Rodríguez e Municipal de Noia. Ademais dos equipos do Club Baloncesto Noia, que foi o organizador, participaron equipos do CB Obradoiro, CB Padrón, CB Boiro, Cía de María, ADB Ames, Cortegada, Extrugasa Río Ulla e Costa da Morte. 

Comezaron as competicións ás 10h e remataron ás 19h, que comenzaron os concursos. 

O vencedor da categoría infantil masculina foi o Liceo de Noia. Ademais  o premio ó mellor xogador do torneo, MVP, obtívoo Marcos López, xogador do equipo infantil do CB Noia. O seu adestrador, Martín Insua, mostrábase moi satisfeito pois os seus xogadores  demostraron un gran progreso nesta tempada, conseguindo tamén Fran o trofeo de tiros libres, e o de twoball Hugo e Jorge Hermida. O gañador do concurso de habilidade foi Jorge Piñeiro do CB Boiro. O equipo infantil do Obradoiro resultou 2º e o de Padrón, terceiro.

 

 

En categoría cadete feminino o equipo vencedor foi Cortegada, quedando en 2º e 3º posto o Noia Muebles Muñiz e o Noia Autos Patiño respectivamente. A gañadora do concurso de tiros libres foi Antía do Cortegada, e de habilidade, Alicia, tamén do mesmo equipo. En two ball as cadetes vencedoras foron María e Laura, do CB Noia. A MVP foi Abasalo do Cortegada.

En categoría cadete masculino,  Compañía de María quedou 1º, CB Ames 2º e CB Noia 3º. Óscar e Andrés de Cía de María venceron no two ball, e Nicolás Vázquez en habilidade. Javi do CB Boiro, vencedor de tiros libres. Nesta categoría o MVP foi Nicolás Vázquez de Compañía de María.

O coordinador do CB Noia, Mon López Campos, mostrou a súa gratitude ao Concello de Noia pola súa colaboración e destacou a gran afluencia de público nas gradas, unhas mil persoas en total nos dous pavillóns. Foi un día moi especial para os nenos e nenas que disfrutaron deste evento e un éxito rotundo da promoción do deporte da canasta.

Hemeroteca