00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Campus de Tecnificación Joe Arlauckas - Tui 2015

Stadio Sport  |  09 de junio de 2015 (15:39 h.)

Dende o luns 27 de xullo ata o sábado 1 de agosto celebrarase o Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS - TUI 2015, enfocado a xogadores de baloncesto nados entre os anos 1997 e 2004 na procura de mellorar o seu rendemento deportivo 

A organización do Campus conta coa colaboración e asesoramento de Moncho López, ex adestrador da Selección Española e actual adestrador do F.C. Porto.  

O Campus estará dirixido polo ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, que xunto a un equipo de adestradores superiores como Rafa Monclova (Sevilla Baloncesto), Cesar Iglesias (Selección Galega), José Miguel González (C.B. Tui), Miguel Ángel Simón (C.B. Tui) e da fisioterapeuta Marta Zurro (Selección absoluta de Angola e Selección de Castela e León), adestrarán a 80 xogadores procedentes das canteiras de equipos galegos, portugueses e de equipos ACB, ADECCO e LEB.  

Tamén contaremos coa visita de dous axentes profesionais de xogadores, FJ Martín e Rubén López, así como a colaboración de Salva Arco, xogador do COB Ourense recién ascendido a Liga ACB, ademáis de outras sorpresas pendentes de confirmar.  

Con sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc. O Campus tamén se complementará con mini-ligas de verán, concursos deportivos, actividades recreativas, charlas con profesionais do baloncesto, encontros con axentes de xogadores, etc.  

O prazo para formalizar a inscrición xa está aberto, sendo a data límite o día 7 de xullo. A información e o formulario de inscrición pódese atopar na páxina www.cbtui.com e no Facebook: Campus Joe Arlauckas-Tui  

Hemeroteca