18:41 h. Lunes, 17 de Junio de 2019

O Breogán xogará a Copa Príncipe tras vencer en Prat

Os lucenses conlleitaron a súa décima vitoria ante o filial do Joventut (83-86) e disputarán a Copa Príncipe, título colleitado no 2008, na cancha do Palencia

Stadio Sport  |  29 de Diciembre de 2014 (00:30 h.)
Más acciones:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O equipo celeste sumou a súa décima vitoria da tempada nun novo encontro cheo de emoción ao que houbo que sumar a dos partidos que se xogaban noutras canchas entre implicados na loita pola copa. Finalmente a vitoria dos de Lisardo Gómez (83-86), e a derrota in extremis do COB en Navarra (80-76),deron o pasaporte para a Copa Príncipe ao Ribeira Sacra que buscará reeditar o seu título de 2008 esta vez na cancha do Palencia Baloncesto.

O encontro de Prat foi moi igualado con moitos altibaixos no xogo dos lucenses que chegaron ao descanso con empate no electrónico (38-38). O terceiro cuarto foi para  os lucenses (19-27)  con destacadas actuacións de  Mamadou Samb e Dani López. Precisamente o base tomou o control do encontro cando o Prat reaccionou preto do final, pero o salmantino, con 31 (22 puntos, 7 asistencias) de valoración, foi imparable e determinante para lograr a décima vitoria celeste.

A Copa Príncipe  está sinalada no calendario de FEB para o venres 30 de xaneiro e se xogará no Marta Domínguez co Palencia como anfitrión.

O próximo compromiso dos celestes será o vindeiro domingo 4 de xaneiro ás 19:00 horas en Burgos.

 

Foto: CB Breogán