00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A XII Carreira Lugo Monumental Gran Premio Divina Pastora Seguros terá lugar o domingo 21 de decembro

Stadio Sport  |  06 de diciembre de 2014 (03:16 h.)
detail of the legs of runners at the start of a marathon race

A saída será dende a zona da Mosqueira e o número de inscritos adultos será de ata 1.800 participantes

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por, Carlos Carballo, de Seguros Divina Pastora, Luis Barrio, Director de Publicidade de El Progreso, Raúl Centelles, representante de Coca-Cola, Rafael Veiga de Diego coordinador da Fundación Taller de Solidaridade e Jenaro R. Saavedra Potente, xerente do Grupo L-Motor, presentaron a XII edición da carreira Lugo Monumental Gran Premio Divina Pastora Seguros que se vai celebrar o domingo 21 de decembro no centro de Lugo.

No acto de presentación tamén se fixo público que esta carreira será solidaria e parte do recadado pola inscrición será donado a Fundación Taller de Solidaridade para a reconstrución de 80 vivendas en Filipinas que se viron afectadas polo tifón durante o 2013.

Como na edición anterior o lugar de inicio da mesma será dende a Ronda da Muralla a altura da Mosqueira e o número máximo de inscritos segue sendo de 1.800 adultos. Neste sentido, o Concelleiro de Deportes, xa adiantou que “o prazo de inscrición xa está aberto e xa son máis de 800 os atletas inscritos o que indica a gran aceptación que ten entre a cidadanía”. Ao mesmo tempo celebrarase a partir das 11:00 horas, a segunda proba ol circuito CCNOS para menores que discurrirá por parte do trazado da carreira absoluta.

Hemeroteca