00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Triatlon Ferrol, campión da Copa do Rei e do Campionato de España por Relevos Feminino

Stadio Sport  |  18 de mayo de 2015 (18:11 h.)

O tríatlon galego acadou un total de sete medallas en elite e unha escolar

 

O Tríatlon Ferrol foi o protagonista principal das competicións desenvolvidas esta fin de semana en Oropesa do Mar. O club ferrolán logrou o título na Copa do Rei e no Campionato de España de Tríatlon por relevos, mentres que o Cidade de Lugo Fluvial logrou catro medallas e o Arcade Inforhouse unha. Ademais, no Campionato de España escolar por relevos feminino, o Tríatlon Ferrol logrou o título. 

 

Copa do Rei

O Tríatlon Ferrol proclamouse onte campión da Copa do Rei feminina, mentres que o Cidade de Lugo Fluvial logrou o bronce na categoría feminina e a prata na masculina. Ademais, o Arcade Inforhouse foi bronce na masculina. En total, catro medallas para o tríatlon galego. 

A Copa do Rei celebrouse en Oropesa do Mar coa participación de máis de 300 equipos en todas as categorías. O Tríatlon Ferrol acudiu cun equipo moi potente e co obxectivo de lograr o título. E non defraudaron. Camila Alonso, Inés Santiago, Ana Carvajal, Sara Guerrero, Sharon Carrera e Paula Herrero foron as mellores. Ademais, o podio feminino completouse con Diabillos de Rivas de Madrid e o Cidade de Lugo Fluvial, un dos nosos equipos habituais nos podios. 

En elite masculina, triunfo para o Universidade de Alacante, seguido por dous clubs galegos: Cidade de Lugo (2º) e Arcade Inforhouse (3º).

Esta proba desenvólvese sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 21,9 quilómetros de bici e 5 de carreira a pe). É unha contrarreloxo por equipos, que están compostos por un máximo de 6 membros e deben rematar polo menos catro para clasificar. O cuarto clasificado é o que da o tempo ao equipo.  

 

Campionato de España de Tríatlon por relevos

E os triunfos continuaron o domingo: O Tríatlon de Ferrol proclamouse campión de España de Tríatlon por Relevos feminino, mentres que o Cidade de Lugo Fluvial foi bronce. Na categoría masculina, prata para o Fluvial.   Como xa sucedera na Copa do Rei o conxunto ferrolán foi superior, mentres que por detrás X3M, Diablillos, Claverías de Móstoles e Cidade de Lugo, loitaban polo podio. Ao final, o Cidade de Lugo Fluvial entraba terceiro, logrando a medalla de bronce. Ademais, hai que destacar que na categoría escolar feminina, o título do Tríatlon Ferrol, que non quixo ser menos que as súas compañeiras de elite. 

En elite masculina, magnífico espectáculo. O Cidade de Lugo Fluvial dominou o primeiro relevo, por diante do Universidade de Alacante, que despois remontou. O podio final estivo formado por Universidade de Alacante en primeira posición; o Cidade de Lugo Fluvial, en segundo lugar e o Fasttriatlón Club, na terceira praza.  

Nesta competición os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realiza un pequeno tríatlon (300 metros de carreira a pe, 5,75 quilómetros de bicicleta e 1,6 de carreira a pe) e da a quenda ao seu compañeiro.  

Hemeroteca