03:15 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Sanxenxo acolle o II Tríatlon Rías Baixas

O domingo 14 de xuño (a partir das 09:30 horas) terá lugar en Sanxenxo o II Tríatlon Rías Baixas con 340 deportistas

Stadio Sport  |  11 de Junio de 2015 (22:05 h.)
Más acciones:

 

Esta competición dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe), e a saída, boxes e meta están situadas no Club Náutico de Sanxenxo. A principal característica desta proba é que se disputarán sen drafting, é dicir, estará prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón. 

Os participantes deberán facer o segmento de natación na praia de Silgar para posteriormente percorrer a estrada que une Sanxenxo e A Lanzada, finalizando coa carreira a pé polas rúas de Sanxenxo e Portonovo. 

A proba comezará ás 09:30 da mañá na praia de Silgar e entre as participantes destacan Marta Barbeito (A.D. Fogar), Sandra Sobreira (Atletismo Porriño) e María Tallón (Mar de Vigo), mentres que na categoría masculina están inscritos Fabián Ubeira (Asociación Deportiva C.A.R.), Juan Sebastián Díaz (Monte Abaixo), José Ángel Penas (Trinity Tríatlon) ou Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), entre outros.