03:21 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Saleta Castro, sétima no Ironman de Lanzarote

A galega, que comezou a proba de forma espectacular, foi perdendo forzas tanto na bicicleta coma na carreira a pe

Stadio Sport  |  24 de Mayo de 2015 (23:04 h.)
Más acciones:

 

Saleta Castro rematou este domingo na sétima posición o Ironmán de Lanzarote, na que foi a súa terceira participación. A galega, que comezou a proba de forma espectacular, foi perdendo forzas tanto na bicicleta coma na carreira a pe. Aínda así hai que destacar que na última volta da carreira a pe, despois de superar uns problemas estomacais, puido remontar tres posicións. 

Na natación, Saleta saíu na segunda posición (53:42) a escasos segundos da primeira, pero no sector de ciclismo perdeu varias posicións para chegar á segunda transición na quinta posición. E na carreira a pe, con problemas estomacais, seguiu sufrindo para chegar a meta na sétima posición cun tempo final de 10:52:23, a máis de cincuenta minutos da primeira clasificada Diana Riesler (9:56:03). Na última volta Saleta puido remontar tres posicións, unha vez superados os problemas estomacais. 

O Ironman de Lanzarote celebrou ese ano a súa 24 edición coa participación de case 2.000 deportistas. As distancias do Ironman son de 3.800 metros de natación, 180 quilómetros en bicicleta e 42,2 de carreira a pe.