11:29 h. jueves, 25 de abril de 2024

Sabela Pensado e Luis Miguel Velásquez, gañadores do III Tríatlon Concello De Riveira

Stadio Sport  |  01 de junio de 2015 (03:31 h.)

No campionato galego de Distancia Curta os vencedores foron Sabela Pensado e Diego Paz

 

Sabela Pensado (Natación Ribeira) e Luis Miguel Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) lograron hoxe a vitoria no III Tríatlon Concello de Riveira, que nesta edición era tamén Campionato Galego na Distancia Curta (1,5 quilogramos de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe) e clasificatorio para o Campionato de España. No Campionato Galego lograron o título Diego Paz e Sabela Pensado.   A saída feminina foi a primeira en darse, nunha proba moi aberta sen unha favorita. Así, a deportista local Sabela Pensado (Natación Riveira) foi a gañadora da proba, por diante de Sonia Pariente (G.V. Sport) que foi de líder durante gran parte do percorrido. Pero na carreira a pe, Sabela foi recortando distancias para ao final poñerse en cabeza e chegar en solitario de forma moi cómoda, cun tempo de 2:23:05. A segunda posición foi para Pariente (a 01:25) e terceira clasificada Marta Barbeito (AD Fogar) a 02:59. 

Na proba masculina moitos nomes destacados o cal facía prever unha preciosa proba. E dende logo que non decepcionou. Houbo emoción ata o último instante cun sprint final para decidir o gañador da proba entre Luis Miguel Velázquez (Tri-Penta) e Diego Paz (Arcade Inforhouse). 

 O certo é que foi un man a mano entre ambos deportistas, que se foron vixiando en todo momento, con distancias mínimas a favor de un ou outro. Así, chegaron aos últimos metros con opcións e todo se decidiu nos últimos metros no sprint final a favor do venezolano (con ficha galega) cun tempo de 01:51:32. Na segunda posición, Diego Paz (co mesmo tempo) e terceiro foi outro dos destacados, Brais Canosa (Arcade Inforhouse) cun tempo de 01:57:06. 

O podio do Campionato Galego de Distancia Curta quedou formado por Diego Paz, que se proclamou campión galego; Brais Canosa (prata) e o bronce foi para José Ricardo Vega (Tríatlon Arteixo). 

A proba disputouse sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe), e tamén se celebrou unha proba popular con case cen deportistas con distancias máis curtas. 

Outros vencedores na proba foron: 

Júnior: Irene Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) e David Liste (Talleres David Tríatlon Compostela).

Sub 23: Diana Cotón (Arcade Inforhouse) e Luis Miguel Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo).

Veterán 1: Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Iván Rubio (Tríatlon Arteixo).

Veterán 2: Andrés López (Monte Abaixo).

Clubs: Arcade Inforhouse (masculino).

Hemeroteca