00:00 h. viernes, 19 de abril de 2024

Este sábado celebrarase en baiona o Campionato Galego de Tríatlon Distancia Curta sen Drafting

Stadio Sport  |  14 de mayo de 2015 (23:48 h.)

Contará coa participación de case 400 deportistas

O sábado 16 de maio terá lugar en Baiona o I Tríatlon Atlántico Baiona - Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia sen Drafting 2015, coa participación de case 400 deportistas.   

O Campionato Galego dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe) e a saída, boxes e meta están situadas na praia de A Barbeira. A principal característica desta proba é que se disputarán sen drafting, é dicir, estará prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón.  

A proba comezará ás 16:00 horas na praia de A Barbeira e entre os participantes hai importantes triatletas polo que se espera un magnífico espectáculo. Na carreira feminina destacan Joselyn Brea (Tri-Penta  Terras de Lugo), María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Marta Barbeito (A.D. Fogar). Na masculina están inscritos Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo), que ven de gañar a Copa de Europa de Madrid; Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), Cristóbal Dios (Tríatlon Arteixo), César Ramiro Saracho (Tríatlon Arteixo), entre outros moitos destacados triatletas.  

Ano 2014. Mar Villar (Tríatlon Morrazo) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) proclamáronse o pasado ano campións galegos de tríatlon de curta distancia, no I Tríatlon Rías Baixas celebrado en Sanxenxo.

Hemeroteca