17:48 h. viernes, 19 de abril de 2024

Raul Blanco, subcampión de España júnior de Péntatlon Moderno e Cristóbal Rodríguez, bronce sénior

Stadio Sport  |  08 de junio de 2015 (03:10 h.)

Esta proba internacional outorga puntos para o ránking mundial

 

Despois do éxito acadado por Aroa Freije, esperabamos moito de Raul Blanco e Cristóbal Rodríguez, pero non tiveron a mesma sorte. Cristóbal, que defendia o título sénior, só puido  acadar o bronce, mentres que Raul Blanco foi subcampión de España júnior de Péntatlon Moderno. Esta proba internacional outorga puntos para o ránking mundial. 

Cristóbal Rodríguez non chegaba ao campionato nas mellores condicións. Levaba varias semanas sen poder adestrar con normalidade por culpa da asma e de molestias nun nocello, polo que era unha incógnita saber en que condicións enfrontaba a proba. Así, deu a cara nas primeiras probas: Foi o terceiro mellor na natación, o cuarto na esgrima e fixo pleno en hípica. Así chegou a última proba (combinada) en segunda posición, por detrás do italiano Tullio de Santis e con só un punto de vantaxe sobre Alex Heredia. 

Pero na combinada é onde ten os maiores problemas físicos, tanto pola asma como polo nocello, e así perdeu moitas posición.  Foi 14º na combinada e quedou desprazado ata a quinta posición na xeral e terceiro no Campionato de España. Alex Heredia proclamouse campión da proba Internacional de Barcelona con 1.493 puntos, e Joan Gispert, cunha remontada espectacular na combinada, foi prata (1484). Cristóbal foi quinto na xeral e bronce no campìonato de España cun total de 1.446 puntos.  

Pola súa parte, Raul Blanco foi décimo clasificado na xeral da proba Open e logrou o subcampionato de España júnior, por detrás de Joan Gispert, que se proclamou campión de España, e cuarto no campionato de España sénior. Blanco fixo unha combinada bastante boa (foi oitavo) e remontou posicións, ata o décimo posto da xeral. Ademais, foi sexto en hípica (só deixou escapar un punto), 18º na esgrima e 18º na natación.

Hemeroteca