00:02 h. viernes, 19 de abril de 2024

O próximo domingo terá lugar a XXV edición do Dúatlon de Cidade de Lugo no que participan preto de 200 atletas

Stadio Sport  |  18 de marzo de 2015 (22:35 h.)
CARTEL 25 DU LUGO (1)

A competición comeza ás 10 horas no entorno do Pazo de Feiras e Congresos

 

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o organizador e membro da Federación Galega de Triatlon, Miguel Fernández, e a Secretaria da Federación Galega de Triatlón, Ánxeles Otero,  presentaron este miércoles a XXV edición do Dúatlon de Cidade de Lugo.

A carreira terá lugar o vindeiro domingo, día 22 de marzo, no entorno do Pazo de Feiras e Congresos. A recollida de dorsais poderá facerse na carpa da organización, no Pazo de Feiras e Congresos, de 8.30 a 9.30 horas. Ás 10.00 horas será a saída aberta para corredores federados, ás 11.20 a saída para a elite feminina, e ás 11.30 a saída da elite masculina. A distancia a percorrer será de 5 km de carreira a pé, 20 km en bicicleta e 2,5 km de carreira a pé, no entorno do Río Miño e da Estrada de Ombreiro.

Según destacou o Concelleiro de Deportes “esta é unha das probas máis veteranas do panorama lucense que este ano celebra o 25 aniversario” e destacou que en Lugo “ademais de fútbol e baloncesto tamén se respira moito dúatlon e triatlón en parte grazas ao traballo que levan desenvolvendo dende hai moitos anos tanto os clubes como a propia Federación”.

Pola súa parte, Miguel Fernández, sinalou que “hai preto de 200 atletas inscritos nas probas o que indica a gran aceptación que ten esta proba no calendario deportivo” e animou aos cidadáns a achegarse á zona do Río Miño a desfrutar do deporte e da natureza xa que se agarda bo tempo. Ademais destacou que entre os favoritos da competición feminina, están Inés Santiago, Gustavo Rodriguez e Brais Canedo.

Hemeroteca