02:09 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

O programa “Nada e Corre” 2015 comeza esta fin de semana en Lugo e Vigo

É unha proposta da Federación Galega que comezou no 2012

Stadio Sport  |  06 de Febrero de 2015 (18:11 h.)
Más acciones:

 

Esta fin de semana comezará  en Lugo e Vigo o programa “Nada e Corre” do 2015, unha iniciativa  da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos.  

O Nada e Corre de Lugo, clasificatorio para o Galego, celebrarase o sábado 7 de febreiro a partir das 16:30 horas na Piscina Municipal de As Pedreiras coa participación de 127 nenos e nenas (27 benxamíns, 42 alevíns, 27 infantís e 31 cadetes). A carreira terá lugar na pista de atletismo Pérez Rivera. 

Pola súa parte, a proba de Vigo está prevista para o domingo 8 de febreiro no Complexo Municipal As Travesas coa inscrición de 100 participantes (18 benxamíns, 29 alevíns, 23 infantís e 30 cadetes). 

Este programa, que comezou no 2012, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar en inverno  a natación, de forma moi especial,  e a carreira, xa que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos. Así o programa “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final. A final terá lugar o día 21 de marzo en Pontevedra  e para a mesma clasificaranse de cada proba os catro mellores por categoría e sexo.

As distancias a realizar dependerán das categorías: 

Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.

Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.

Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.

Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.