21:51 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Presentouse a IV Copa Deputación de Atletismo

Comeza a disputarse esta fin de semana e continuará ao longo de cinco xornadas, coa principal novidade de que este ano tamén competirán nenos e nenas de benxamín, alevín e infantil. Esta competición xunta a máis de 600 atletas en 5 xornadas que se celebran nas pistas Gregorio Rivera e no módulo de atletismo cuberto que creou a Deputación

Stadio Sport  |  24 de Enero de 2015 (20:13 h.)
Más acciones:

 

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, presentou esta mañá a IV Copa Deputación de Atletismo, acompañado do delegado técnico da Federación Galega de Atletismo en Lugo, Pablo Gandoy. O torneo disputarase en cinco xornadas diferentes, comezando esta fin de semana, o domingo 16 de febreiro, o 22 de febreiro, o 2 de marzo, o 24 de maio e 1 de xuño e está aberto á participación de calquera atleta galego individual federado, atletas de clubs pertencentes a Galiza, atletas con ficha da Federación Galega de Atletismo pero pertencentes a clubs doutras partes do Estado, e atletas non galegos ou estranxeiros convidados expresamente pola FGA.

A primeira xornada que terá lugar este sábado 25 de xaneiro combinará probas de exteriores e de interior no módulo cuberto de atletismo, que tal e como sinalou o delegado Mario Outeiro foi construído co financiamento íntegro da Área de Deporte da Deputación de Lugo xa que era unha infraestrutura moi demandada na cidade. Mario Outeiro tamén sinalou a importancia da organización desta competición que permite “a participación de cada vez máis atletas, e sobre todo femininas, que superan xa en número aos participantes masculinos”.

 

 

A seguinte xornada, o día 16 de febreiro, estará enmarcada dentro dunha fin de semana atlética que ademais da xornada de Copa Deputación terá tamén unha proba do campionato galego de lanzamentos longos, no que se agarda a participación de atletas de renome en Galiza  como Víctor Gallego, e no Estado, olímpicos como Frank Casañas.

O 22 de febreiro será a quenda das categorías menores, benxamín, alevín e infantil, que este ano se inclúen por primeira vez e participarán no módulo cuberto, para continuar o 2 de marzo coa 3ª xornada tamén no módulo cuberto e rematar coa 4ª e 5ª xornadas da IV Copa Deputación de Lugo de Atletismo ao aire libre nas pistas do Gregorio Rivera os días 24 de maio e 1 de xuño.