23:10 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Presentada a 20ª Carreira pedestre San Silvestre que se disputará o día 31 de decembro

Esta carreira, que pecha o calendario deportivo do ano, conta cunha gran repercusión na cidade e nela participarán corredores de todas as idades

Stadio Sport  |  26 de Diciembre de 2014 (14:15 h.)
Más acciones:

 

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío; acompañado polo representante do Clube Fluvial e da organización, Álvaro Sánchez,  e polo Presidente do Clube Media Maratón, Manuel Castiñeira, presentou hoxe a 20ª Carreira pedestre San Silvestre que se disputará o día 31 de decembro.

Díaz Grandío destacou a importancia que ten esta carreira coa que se pecha o calendario deportivo lucense e animou a todos os lucenses a participar nesta última competición deportiva do ano, da que dixo que “xa conta cunha traxectoria importante e ten unha grande repercusión na cidade”. O Concelleiro tamén agradeceu o esforzo que fai o Clube Fluvial na organización da San Silvestre de Lugo e a colaboración do Clube Media Maratón.

Álvaro Sánchez informou que nesta carreira xa hai inscritos máis de 650 adultos e os nenos aínda se poden inscribir. Tamén sinalou que “este ano houbo un cambio de percorrido debido ás obras que se levaron a cabo na Ponte do Río Mera, polo que o circuíto será pola pista de terra pegada ao río”.

A carreira comezará ás 16:30 horas con saída e chegada na zona do Paseo fluvial próximo ao Pazo de Feiras e Exposicións, no caso das carreiras infantís e posteriormente con saída no mesmo lugar e chegada no Clube Fluvial, no caso dos adultos.

Para os nenos haberá catro categorías por idades: mini que terá unha lonxitude de 0,5 quilómetros, A cunha lonxitude de 1 km, B que será de 2 km e C e D que será de 3 km.

Os adultos correrán unha distancia de 6,5 quilómetros e haberá cinco categorías, segundo as idades.

A organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

Nesta edición será obrigatorio estar inscrito no evento para poder participar. As persoas que non estean inscritas non optarán a clasificacións nin a premios.