00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Portugal gaña o VIII Tríatlon da Amizade

Stadio Sport  |  29 de septiembre de 2014 (03:00 h.)
triatlon

Tiago Maia (Sport Lisboa e Benfica) e Rita María Lopes (Amiciclo) foron os vencedores a nivel individual. No Campionato Galego de Tríatlon Cross gañaron Fabián Ubeira (motobike) e Príscila Suárez (Trinity)

 

Tiago Maia (Sport Lisboa e Benfica) e Rita María Lopes (Amiciclo Grándola) proclamáronse hoxe campións a nivel individual do VIII Tríatlon da Amizade, que se celebrou entre Galicia e Portugal, este ano con final en Vila Nova de Cerveira. O Trofeo da Amizade foi parar a mans de Portugal por segundo ano consecutivo. Conxuntamente celebrouse o Campionato Galego de Tríatlon Cross, resultando campións galegos desta especialidade Fabián Ubeira (Motobike) e Príscila Suárez (Trinity Tríatlon). 

Na categoría masculina proclamouse campión do Tríatlon da Amizade o portugués Tiago Maia (Sport Lisboa e Benfica) cun tempo de 1:11:50. Moi cerca chegou Fabián Ubeira, a só 14 segundos, que loitou polo título ata o final, mentres que o bronce foi para Rui Dolores (Amiciclo Grándola) cun tempo de 1:13:08. 

Na proba feminina non houbo moitas sorpresas, xa que repetiu triunfo, e con certa comodidade, a gañadora da pasada edición, Rita María Lopes (Amiciclo Grándola) cun tempo final de 1:22:23. A emoción estivo na loita polo segundo posto, no que Sofía Brites (Amicilo) logrou impoñerse á galega Príscila Suárez (Trinity) por uns segundos de diferenza.

Campionato Galego de Tríatlon Cross. A organización fixo coincidir o Tríatlon da Amizade co Galego de Tríatlon Cross, como xa sucedera o pasado ano. Así, Fabian Ubeira (Motobike) logrou o título de campión galego, por diante de Óscar Fernández (Arcade Inforhouse) que foi prata, e David Landeira (independente), que logrou o bronce. 

Na categoría feminina, o podio estaba formado por Príscila Suárez, do Trinity (ouro); María Martínez do Atletismo Porriño (prata) e Blanca Labandeira do Mar de Vigo, (bronce). Coma nas edicións anteriores, a participación é moi numerosa (máis de 150 participantes en todas as categorías) e a organización (realizada de forma alterna polas federacións galega e portuguesa) un éxito total. 

Resultados Tríatlon Menores. Pola mañá celebrouse en Goián o IV Tríatlon de Menores, coa participación de case 40 rapaces e rapazas. 

 

Os gañadores foron:

Benxamín: Laura Alonso e Rodrigo Sánchez (ambos independentes).

Alevín: Elsa Pena (Atletismo Porriño) e Yago Álvarez (Club Ciclista de la Fuente).

Infantil: Agueda Cons (Motobike) e Afonso Nunes (Alhandra Sporting Club).

Cadete: Mariña Ramos (Motobike) e Joao Cancela (Nucleo Sportinguista de Golega).

Hemeroteca