22:40 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Pablo Dapena, sétimo na gran final da Copa de Europa de Madrid

Susana Rodríguez, segunda na ITU World Paratriathlon

Stadio Sport  |  22 de Septiembre de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

Pablo Dapena foi o mellor español na gran final da Copa de Europa, que se disputou hoxe na Casa de Campo de Madrid. O galego, que logrou meterse no grupo cabeceiro na bicicleta, rematou na sétima posición. Por outra banda, destacar a segunda posición de Susana Rodríguez, na Madrid ITU World Paratriathlon. 

Na proba masculina, Pablo Dapena volveu a amosar que se atopa nun bo momento de forma. A pasade semana logrou o subcampionato de España de Tríatlon na distancia olímpica e hoxe volveu a estar entre os mellores. A regularidade foi clave no seu rendemento. Non se descolgou nos 1.500 metros de natación e saíu ben colocado da primeira  transición. Desta forma, logrou meterse no grupo cabeceiro da bicicleta, que liderou a proba durante os 40 quilómetros e que foi abrindo distancias cos perseguidores. O único español que estaba neste grupo de 13 homes era o noso Pablo Dapena. Desta forma, chegaron ao último segmento 11 deportistas con opcións de triunfo e ese foi o momento no que o ruso Dmitry Polyanskiy rompeu a carreira ao atacar. Deste ataque xurdiu un trío que se escapou en busca do podio.  

A primeira posición foi para Polyanskiy (01:53:50), mentres que segundo foi  Frederic Belaubre (a catro segundos) e terceiro, o noruegués Kristian  Blummenfelt (01:54:08). Pablo Dapena rematou na sétima posición cun tempo de 01:55:31. Ricardo Hernández ocupou o 31º posto, mentres que Diego Paz tivo que retirarse. Na proba feminina, tamén abandonou Melina Alonso.

Ademais, o mesmo domingo, no marco da Copa de Europa, celebrouse a Madrid ITU World Paratriathlon coa viguesa Susana Rodríguez, que rematou na segunda posición por detrás da británica Melissa Reid. A galega saíu bastante retrasada da auga, aínda que logrou remontar na bicicleta para poñerse en cabeza cando comezou o terceiro sector. Pero na carreira a pe, Susana ía sufrindo por culpa da asma e aínda que aguantou o que puido, finalmente foron superadas por Melissa Reid (1:19:19), mentres que Susana Rodríguez chegou a corenta segundos. A viguesa remata con esta proba a tempada, que foi moi dura e esixente.