00:03 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Tres ouros, unha prata e un bronce para Galicia no clasificatorio de péntatlon moderno de Cantabria

Stadio Sport  |  25 de mayo de 2015 (01:00 h.)

O equipo galego acadou tres ouros (Claudia Gámez, Martín Freije e Andrea Vidal), unha prata (Ainhoa Corral) e un bronce (Manu Sotelo)

 

Magnífica actuación da selección galega de péntatlon moderno de categorías menores no clasificatorio para o Campionato de España que se disputou este domingo  en Cantabria. O equipo galego acadou tres ouros (Claudia Gámez, Martín Freije e Andrea Vidal), unha prata (Ainhoa Corral) e un bronce (Manu Sotelo). 

Na categoría alevín, ouro para Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e prata para Ainhoa Corral (Tri-Penta), mentres que na categoría masculina non houbo preseas galegas: Óscar López (Tri- Penta) foi cuarto; Gabriel Mella (Zalaeta 100 Tolos) foi sexto e Germán Álvarez (100 Tolos), sétimo. Hai que destacar que Claudia foi a mellor da categoría, tanto de chicas coma de chicos. 

En infantil, dous ouros galegos: Martín Freije (Tri-Penta) e Andrea Vidal dominaron as súas categorías e ademais, Andrea foi a segunda mellor de todos os participantes (só por detrás de Martín). O outro galego nesta categoría, Julián Noya (100 Tolos) foi sétimo. 

En cadete, Manu Sotelo (Tri-Penta) logrou a última medalla, un bronce, mentres que Francisco Pardo (100 Tolos) foi cuarto clasificado. 

E por último, destacar que na categoría benxamín participou Roque Torre (100 Tolos) que foi cuarto. 

Nesta proba participaron deportistas de Asturias, Cantabria, Castela e León, Madrid e Galicia. Este foi o segundo clasificatorio para o Campionato de España de Péntatlon Moderno para categorías menores, que se celebrará o 14 de xuño en Soria.

Hemeroteca