01:42 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Este mércores pecha o prazo para inscribirse na carreira do Couto, do Circuito Correndo por Ourense 2015

Será o sábado 30 a partir das 21 horas. A día de hoxe hai 1.208 persoas inscritas no circuito

Stadio Sport  |  26 de Mayo de 2015 (22:48 h.)
Más acciones:

 

Trala disputa da primeira das carreiras da quinta edición do Circuito Correndo por Ourense no barrio do Vinteún, chega a quenda do barrio do Couto, este sábado a partir das 21 horas. Todas as persoas que desexen participar teñen de prazo ata este mércores para formalizar a súa inscrición nesta proba, na que a día de hoxe hai inscritas 1.208 persoas nas cinco categorías.

A do barrio do Couto será a única das probas do circuito con horario nocturno. Así, dará comezo a partir das 21 horas cos pitufos, para continuar ás 21:10 cos benxamíns e alevíns, ás 21:15 h cos infantís e cadetes, e ás 21:30 h co resto das categorías.

Con saída na rúa Dalí, o circuíto percorrerá Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, rotonda cara Antonio Puga, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios e Dalí.

 

Seis probas

Trala celebración da primeira das probas no Vinteún, o circuito percorrerá un total de seis barrios nas seguintes datas:

Sábado, 30 de maio: O Couto (Primeira saída: 21 horas)

Domingo, 28 de xuño: Centro (Primeira saída: 12 horas)

Domingo, 6 de setembro: A Ponte (Primeira saída: 12 horas)

Domingo, 27 de setembro: Universidade (Primeira saída: 12 horas)

Domingo, 25 de outubro: A Carballeira (Primeira saída: 12 horas)

 

Premios e clasificacións

Todos os participantes e todas as participantes que estean na clasificación xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo, e os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo. Na clasificación absoluta haberá dúas modalidades: 1º clasificado, trofeo e 300 euros de material deportivo; 2º clasificado, trofeo e 200 euros de material deportivo; 3º clasificado, trofeo e 100 euros de material deportivo. A entrega de trofeos e agasallos terá lugar o sábado 14 de novembro na cancha central do Pavillón dos Remedios.

Os interesados e interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición -cuxo prezo é de sete euros para todo o circuito- mediante a web www.deportesourense.com.