01:44 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Mañá terá lugar o II Duatlón Popular Concello do Porriño

Hai máis de 150 inscritos nas dúas probas (popular e de menores)

Stadio Sport  |  19 de Septiembre de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

Este sábado 20 de setembro celebrarase a segunda edición do Duatlón Popular Concello do Porriño, cunha participación total de máis de 150 deportistas. 

O Duatlón do Concello do Porriño coincide coas festas desta localidade e o obxectivo é achegarse a todas as idades. Desta forma, haberá un duatlón de categorías menores (16 horas) e con distancias máis curtas (1 quilómetro de carreira a pé - 4 quilómetros de bicicleta - 500 metros de carreira a pé). Posteriormente, terá lugar a proba para os maiores (17 horas) que será sobre a distancia sprint (5  qm. de carreira a pé – 20 qm. en bicicleta - 2,5 qm. de carreira a pé). A saída e meta estará situada na Praza do Concello, mentres que a transición terá lugar na Avenida Domingo Bueno. 

Na categoría feminina destacan Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), María Martínez (Atletismo Porriño) ou Mar Villar (Tríatlon Morrazo), mentres que na masculina os locais Brais Misa e Enrique Morán (Atletismo Porriño) se perfilan coma favoritos.