17:48 h. viernes, 19 de abril de 2024

Lugo será a única cidade galega na que se celebra a recoñecida carreira de obstáculos Farinato Race

Stadio Sport  |  07 de mayo de 2015 (01:50 h.)

Terá lugar no Parque do Miño o sábado 23 de maio e xa hai preto de 600 atletas de todo España inscritos

 

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, acompañado por Rubén Morán, organizador do evento, e por Jorge Justo, Director do Polusa, presentaron este mércores a a carreira de obstáculos extremos máis importante de España, a Farinato Race.

Desta maneira, a cidade de Lugo é a primeira de Galicia en acoller esta proba que se celebra o sábado 23 de maio no parque do Miño e que nada ten que ver coas rutinarias competicións de running, maratóns ou etapas atléticas convencionais. A Farinato Race pon a proba o corpo e a mente para sacar o maior partido ao valor e aos límites de cada atleta copnvertindo os paraxes urbáns en auténticos campos de batalla.

Díaz Grandio informou que “se agarda que ese fin de semana se acheguen moitas persoas de diferentes puntos de España a coñecer Lugo e a participar nesta carreira que é a única que se realiza en Galicia”. Ademais, anunciou que a clínica Polusa apoiará con asistencia médica este evento e tamén se sumará esa asistencia a todas as competicións do circuito Corre Con Nós.

Pola súa parte, Rubén Morán, explicou que os participantes enfrentaránse a pirámides de gran altura, saltos imposibles, pasos de barro, lume, pasarelas de alambrado de espiño de longa distancia, carga de pesos e moitas máis probas. Esta ademais é a única etapa española no circuito internacional de carreiras de obstáculos The Obstacle Course Racing World Championship OCR que se celebra en Estados Unidos e á que asistirán os dez primeiros clasificados do ranking Farinato Race de España.

Nesta cita deportiva de Lugo xa son máis de 600 os atletas inscritos de diferentes puntos do pais e xa son máis de 5.000 os deportistas que experimentaron a participación nesta espectacular carreira que ademais conta cunha gran zona de ocio familiar. Ademais tamén ofrece unha etapa infantil na que os máis pequenos poderán correr un circuito de probas e coa súa inscripción colaborarán coa asociación Pyfano que traballa con menores que sofren cancro. As incricións poden realizarse na web www.farinatorace.com.

Hemeroteca