00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Gustavo Rodríguez, sexto no Mundial de Tríatlon de Longa Distancia

Stadio Sport  |  22 de septiembre de 2014 (03:00 h.)
gus

Francia dominou o campionato, que se celebrou hoxe en China

 

Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) rematou na sexta posición do Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia, que se celebrou hoxe en Weihai (China). Era a primeira vez que o tudense disputaba esta proba e o seu debut foi moi positivo, sen dúbida algunha.  

Os percorridos desta durísima proba son de 4 quilómetros de natación, 120 quilómetros de bicicleta e 20 quilómetros de carreira a pe. Como estaba previsto, a natación foi o segmento máis duro para o galego. Gustavo xa contaba con perder tempo, pero foi máis do que esperaba. A pesar de que mentres estaba competindo se encontraba cómodo, ao saír da auga comprobou que estaba na última posición e con moito por remontar. 

Pero non se deu por vencido e foi subindo posicións pouco a pouco. Na bicicleta, a súa especialidade, foi o cuarto mellor, so por detrás dos tres franceses (Billard, Sudrie e Cyril), que foron os únicos que baixaron de tres horas neste sector. Aí quedou decidido o podio, mentres que Gustavo seguía coa súa remontada. Na carreira a pe, tamén rendeu a un nivel altísimo, sendo o terceiro mellor no último segmento. Así, logrou o sexto posto na clasificación final, cun tempo total de 05:21:53. O podio foi totalmente francés, co Bertrand Billard (que defendía o título) na primeira posición (05:09:09), mentres que Sylvain Sudrie  foi prata e Viennot Cyril.

 

Hemeroteca