02:25 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Gustavo Rodríguez e Joselyn Brea, vencedores do Duatlón de Guitiriz

Foi a segunda proba do Circuito Galego de Duatlón de Estrada

Stadio Sport  |  08 de Marzo de 2015 (22:40 h.)
Más acciones:

 

Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe vencedores do IX Duatlón Concello de Guitiriz, segunda proba do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada.  

Na categoría masculina cumpriuse o guión previsto. Os favoritos estiveron sempre entre os primeiros clasificados e o que quedaba por decidir era quen sería capaz de facerse co triunfo final. Así, foi na bicicleta onde se clarificou todo. Gustavo Rodríguez fixo un segmento excepcional e logrou escaparse dos seu competidores nos que se atopaban o vigués Antonio Serrat e os mexicanos Abraham Castellanos, César Saracho (que se retirou despois de ir na primeira posición) e José Ricardo Vega. Por detrás, Serrat quedou descolgado na bicicleta por un problema e aínda que recuperou facendo unha gran carreira a pe, foi o mellor deste segmento con diferenza, non puido chegar ata o podio. Pola súa banda, Gustavo comezou o terceiro segmento con moita forza e logrou ampliar as distancias de forma que tivo un final plácido e cómodo (56:08). A segunda posición foi para Abraham Castellanos (56:30) e o terceiro posto para José Ricardo Vega (56:59). Antonio Serrat foi sexto cun tempo de 57:42. 

 

 

Na proba feminina, triunfo para a venezolana e gran favorita Josely Brea (Tri-Penta), que dominou dende o inicio, fronte a unha valente Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol), que logrou a segunda posición e Inés

Santiago (Tríatlon Ferrol), que foi terceira. Brea foi a mellor nos tres segmentos e rematou na primeira posición cun tempo de 01:03:13, mentres que Carmen logrou un tempo final de 01:04:20 e o terceiro posto foi para a súa compañeira do Ferrol, Inés Santiago cun tempo de 01:06:38. 

Os gañadores noutras categorías son: 

Cadete: Rebeca Carnota (A.D. Fogar) e Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol).

Júnior: Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e ALberto Castiñeira (Arcade Inforhouse).

 Sub 23: Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e José Ricardo Vega (Tríatlon Arteixo).

Veterán 1: Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial) e Elpidio Gómez (Beariz Tríatlon).

Veterán 2: Virgina Jiménez (San Roque-Tríatlon Viveiro) e Andrés López (Monte Abaixo).

Clubs: Tríatlon Ferrol (feminino) e Tri-Penta Terras de Lugo (masculino). 

O Duatlón de Guitiriz, que se celebrou sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), descorreu nunha soleada tarde e cunha magnífica temperatura para a práctica do deporte. En total, 220 deportistas participaron neste duatlón. 

O Circuito Galego de Duatlón de Estrada 2015 está formado por tres  probas. A primeira é a de Noia; a segunda terá lugar o próximo día 7 de marzo en Guitiriz e a terceira é o Duatlón Concello de Lugo (22 de marzo). Todas son clasificatorias para o Campionato Galego (logran praza os 30 primeiros clasificados), que terá lugar en Santiago de Compostela o 18 de abril. Os gañadores do Duatlón de Noia foron Abraham Castellanos (Tríatlon Arteixo) e Verónica Montes (Trinity Tríatlon).