22:12 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Gran competitividade e deportividade na final do programa “Nada e Corre” que se celebrou en Pontevedra

Nas probas clasificatorias participaron un total de 500 cativos

Stadio Sport  |  22 de Marzo de 2015 (20:58 h.)
Más acciones:

 

Coa participación de 135 deportistas celebrouse en Pontevedra o sábado 21 de marzo a final de “Nada e Corre” 2015, un programa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos que vai pola súa cuarta edición. Foi unha xornada de competividade sa, con gran deportividade entre as e os participantes. Na categoría de clubs, proclamouse campión galego o Cidade de Lugo Fluvial. 

Resultados da final “Nada e Corre” 2015 Clubs: 1. Cidade de Lugo Fluvial 214 ptos  2. Tríatlon Ferrol 196 3. A.D. Fogar 155 

Benxamín feminino: 1. Ana Cons (Motobike Pontevedra) 2. Julia Maneiros (Tríatlon Ferrol) 3. Sabela Caneiro (Tríatlon Ferrol) 

Benxamín masculino: 1. Jarno Pousada (Cidade de Lugo Fluvial) 2. Ángel Breijo (Natación Cedeira) 3. Brais Picón (Tríatlon Compostela)

Alevín feminino: 1. Elsa Pena (Atletismo Porriño) 2. Marta Budiño (Tríatlon Compostela) 3. Carmen Jiménez (Tríatlon Ferrol) 

Alevín masculino: 1. Brais Novo (Cidade de Lugo Fluvial) 2. Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol) 3. David Sancho (A.D. Fogar) 

Infantil feminino: 1. Andrea Vidal (Tri-Penta Terras de Lugo) 2. Sara López (Náutico de Narón) 3. María Pardo (A.D. Fogar) 

Infantil masculino: 1. Jorge González (Natación Riveira) 2. Martín Cando (Tri-Penta Terras de Lugo) 3. Esteban Gómez (Náutico de Narón) 

Cadete feminino: 1. Isabel Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) 2. Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol) 3. Ana Pérez (Natación Galaico) 

Cadete masculino: 1. Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) 2. Alejandro Pardo (A.D. Fogar) 3. Víctor Souto (A.D. Fogar)

Este programa invernal, promovido polos técnicos, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación e a carreira. “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final galega, para a que se clasifican os catro mellores por categoría e sexo de cada proba zonal. 

 

As distancias a realizar dependen das categorías: 

Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.

Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.

Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.

Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.