01:56 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Gómez Noya, segundo e Fernando Alarza, cuarto na proba das Series Mundiais de Auckland

Espectacular traballo dos galegos nunha proba na que Jonathan Brownlee logrou o triunfo

Stadio Sport  |  29 de Marzo de 2015 (18:16 h.)
Más acciones:

 

Javier Gómez Noya logrou a prata na segunda proba das Series Mundiais 2015, que se celebrou en Auckland (Noza Zelandia), mentres que Fernando Alarza (deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD) acadou unha espectacular cuarta posición. Magníficos resultados para os dos galegos que son segundo (Gómez) e terceiro (Alarza) na clasificación provisional do Mundial. 

A carreira comezou, coma case sempre, liderada polo esloveno Richard Varga na auga, con Javier Gómez Noya e Alarza moi ben situados, aínda que Fernando estaba uns segundos rezagado. A bicicleta foi decisiva, xa que o grupo cabeceiro, con todos os favoritos,  tirou forte para aumentar a distancia con Mario Mola, que perdera bastante tempo na auga. Alarza corría o risco de quedar descolgado, pero logrou alcanzar aos primeiros e mantívose firme no grupo.  

Na chegada á T2 a diferenza entre o primeiro grupo (o de Gómez Noya, Brownlee e Alarza) e o segundo (con Mario Mola) era superior a un minuto. Quedaban por diante os 10 quilómetros de carreira a pé, e o menor dos Brownlee atacou moi pronto e foise cunha vantaxe de menos de 30 segundos. Marchouse en solitario, mentres que a loita pola prata quedou entre o galo Le Corre e Gómez Noya. A falta dunha volta, o catro veces campión do mundo, logrou zafarse para así asegurar a segunda praza do podio, cun tempo de 1:55:41. O francés alcanzou a terceira posición (1:55:52), mentres que o primeiro posto foi para o británico cun tempo de 1:55:26. Ademais, Fernando Alarza, espectacular,  escalaba ata a cuarta praza (1:56:48) tras superar nos dous últimos quilómetros a australiano Ryan Bailie e  Henri Schoeman (Sudáfrica). Mario Mola obtivo a 15ª posición.  

Con estes resultados, Jonathan Brownlee lidera a clasificación provisional do Mundial con 1.386 puntos, o segundo posto é para Javi Gómez Noya (1.282) e o terceiro para Alarza (1.134).