00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A final do programa “Nada e Corre” celebrarase este sábado en Pontevedra

Stadio Sport  |  20 de marzo de 2015 (04:41 h.)
nada e corre

Nas probas clasificatorias participaron un total de 500 cativos

 

O sábado 21 de marzo (10:00 horas) celebrarase en Pontevedra (Centro Galego de Tecnificación Deportiva)  a final de “Nada e Corre” 2015, un programa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos que vai pola súa cuarta edición. Hai que destacar a magnífica resposta dos clubs a esta iniciativa, xa que houbo unha participación moi importante de nenas e nenos. En total participaron preto de cincocentos rapaces e rapazas nas catro probas locais e para a final están clasificados 135 deportistas. 

Este programa invernal, promovido polos técnicos, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación e a carreira. “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final galega, para a que se clasifican os catro mellores por categoría e sexo de cada proba zonal. 

En Pontevedra participarán 135 deportistas de todas as categorías e haberá tamén clasificación xeral por clubs, para o que se sumarán os puntos dos deportistas do club, resultando gañador aquel que consiga máis puntos. A final galega do Nada e Corre é organizado polo club  Galaico en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.  

As distancias a realizar dependerán das categorías: 

Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.

Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.

Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.

Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Hemeroteca