00:03 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Esta fin de semana celebrarase a gran final da Copa de Europa de Madrid

Stadio Sport  |  19 de septiembre de 2014 (03:00 h.)
tri madrid

Ademais das probas elite, celebrarase unha proba mundial de paratriatlon con Susana Rodríguez

 

Este domingo celebrarase en Madrid a gran final da Copa de Europa, coa presenza de varios deportistas galegos. Ademais, o mesmo domingo terá lugar a 2014 Madrid ITU World Paratriathlon, na que participará a viguesa Susana Rodríguez. 

Este ano Madrid acollerá a final da Copa de Europa, en vez dunha proba das Series Mundiais. O que se mantén é o lugar (Casa de Campo) e as distancias (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe). Na proba masculina (14:15 horas) participarán Ricardo Hernández, Nan Oliveras, Diego Paz (do grupo de Alto Rendemento do CGTD) e Pablo Dapena, que a pasada fin de semana proclamouse en Águilas (Murcia) subcampión de España de tríatlon na distancia olímpica. Na proba elite feminina (11:30 horas), a representante da Federación Galega de Tríatlon será Melina Alonso, que hai sete días tivo que retirarse do Campionato de España cando estaba loitando polo triunfo por culpa do flato. 

Ademais, o mesmo domingo, no marco da Copa de Europa celebrarase a Madrid ITU World Paratriathlon (08:00 horas) na que participará Susana Rodríguez. A galega competirá xunto a súa guía Mayalen Noriega, que está cun bo resfriado, pero viaxan con moita ilusión. Enfronte, estará unha das súas rivais máis duras, a británica Melissa Reid.

Hemeroteca