22:29 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Esta fin de semana celebrarase a Copa de Europa de Triatlón de Madrid

Ademais das probas elite, celebrarase unha proba mundial de paratriatlon con Susana Rodríguez. María Ortega competirá o sábado na Copa do Mundo de Chengdu

Stadio Sport  |  07 de Mayo de 2015 (23:15 h.)
Más acciones:

 

Este domingo 10 de maio celebrarase a Copa de Europa de Madrid, coa presenza de varios deportistas galegos. Ademais, o mesmo domingo terá lugar a 2015 Madrid ITU World Paratriathlon, na que participará a viguesa Susana Rodríguez. 

Madrid acollerá por segundo ano consecutivo unha proba da Copa de Europa, en vez dunha Serie Mundial. Na proba masculina (14:15 horas) participarán varios galegos: Ricardo Hernández, Antonio Serrat e Luismi Velázquez (do grupo de Alto Rendemento do CGTD), Uxío Abuín, Diego Paz e Pablo Dapena. Na proba elite feminina (11:30 horas) as representantes da Federación Galega de Tríatlon serán Melina Alonso e Joselyn Brea (ambas integrantes do Grupo de Alto Rendemento). As distancias son de 1.500 metros de natación, 40,8 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe. 

Ademais, o mesmo domingo, no marco da Copa de Europa celebrarase a Madrid ITU World Paratriathlon (08:30 horas) na que participará Susana Rodríguez. A galega competirá por vez primeira esta tempada cunha das súas rivais máis duras, a británica Melissa Reid. Sen dúbida, a proba máis dura no que va de ano para Susana. As distancias son 750 metros de natación, 23,4 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe. 

Copa del Mundo de Chengdu. Ademais esta fin de semana (o sábado 9) celebrarase a Copa do Mundo de Chengdu (China), coa participación da deportista do Centro de Alto Rendemento do CGTD, María Ortega. Esta proba celebrarase sobre a distancia olímpica (1.500- 40-10).