00:03 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Fernando Alarza disputará os Xogos Europeos de Bakú

Stadio Sport  |  12 de junio de 2015 (00:01 h.)

A proba masculina celebrarase o domingo 14 de xuño

 

Alarza disputará o domingo 14 de xuño (09:30 horas) os Xogos Europeos de Bakú. Será a primeira edición destes xogos e nace co obxectivo de celebrarse no ano previo á disputa dos Xogos Olímpicos. A ITU decidiu que, no caso do tríatlon,  esta proba outorga unha praza directa (masculina e feminina) para os Xogos de Río 2016 . 

Os Xogos Europeos de Bakú (Azerbaiyán) celebraranse entre os días 12 e 28 de xuño e nos mesmos participarán arredor de 6.000 deportistas representando a 50 países en 20 modalidades deportivas. O tríatlon, con deportistas de 30 países, será un dos primeiros deportes en disputarse: A proba feminina celebrarase o día 13, mentres que os rapaces competirán o domingo 14. A proba disputarase sobre a distancia olímpica: 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe. 

Fernando Alarza xa está en Bakú e partirá coma un dos favoritos en loitar polo triunfo. Os magníficos resultados acadados polo deportista do Centro de Alto Rendemento do CGTD (terceiro no ranking mundial e medalla de bronce na proba das Series Mundiais de Londres) colocan a Alarza entre o grupo de destacados, xunto aos portugueses Joao Pereira e Joao Silva ou o ruso Bryukhankov.

Hemeroteca