02:09 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Este domingo celebrarase no Parque de Frigsa a última proba do circuito Corre Con Nós de adultos

A última proba para os nenos celebrarase o sábado 6 nas pistas de atletismo da Cidade Cultural co obxectivo de achegar o atletismo en pista aos máis pequenos

Stadio Sport  |  04 de Junio de 2015 (22:47 h.)
Más acciones:

 

Despois de oito carreiras disputadas e unha media de 1.500 corredores en cada unha delas, a décimo quinta edición do Circuito Corre Con Nós chega esta semana á súa fin e faino coa celebración de dúas probas, unha para adultos e outra para os máis pequenos.

A última carreira para os adultos terá lugar o domingo 7 de xuño ás 12:00 horas. Os corredores sairán dende a Piscina Municipal de Frigsa para completar un trazado de 5.500 metros, que discorre polos arredores do Parque Frigsa e a Piscina Municipal.

Posteriormente, sobre as 13:15 horas celebrarase a cerimonia de entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados en todas as categorías de adultos. Á falta desta carreira, Nicolás Arrojo é, por terceiro ano consecutivo o gañador do Circuíto, mentres que en categoría feminina lidera a clasificación Carmen Vagace.

 

 

Pola súa banda, a final para os nenos terá lugar o sábado ás 17:00 horas nas Pistas de Atletismo da Cidade Cultural. Nesta ocasión, os menores gozarán de diferentes probas: carreira curta, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Ningunha delas terá carácter competitivo, xa que o que se pretende é achegar o mundo do atletismo en pista aos máis pequenos.

Nesta edición do Circuito participaron un total de 3.236 corredores. Todos os participantes recibirán un vale que poderán cambiar por unha camiseta técnica no Centro Comercial As Termas.

O Circuito Corre Con Nós está organizado pola Concellería de Deportes e o Club de Atletismo Medio Maratón de Lugo e conta co respaldo de diferentes patrocinadores e colaboradores, sen os cales sería imposible a realización deste evento que reúne familias de atletas un domingo ao mes.