21:38 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

O domingo 3 de agosto celebrarase en Tui a segunda proba do Circuito Ibérico de Tríatlon

O domingo 3 de agosto celebrarase en Tui a segunda proba do Circuíto Ibérico de Tríatlon, que se está a disputar este ano entre España e Portugal. Nesta proba participarán preto de 200 deportistas

Stadio Sport  |  01 de Agosto de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

En Tui celebraranse dúas probas: Unha de media distancia (1.9 quilómetros de natación, 9o quilómetros de bicicleta e 21 de carreira a pe) e outra de distancia olímpica (1.500-40-10). 

Esta iniciativa xurde pola iniciativa da Federación Galega de Tríatlon, que negociou cun empresario portugués, e posteriormente involucráronse a Federación Española e a de Castela e León. Desta forma, o circuíto consta de catro probas: A primeira tivo lugar no mes de abril en Ovar (Portugal); o día 3 de agosto celebrarase a segunda en Tui; o día 31 de agosto a competición desenvolverase en Viana do Castelo e o circuíto finalizará coa proba de Sanabria (21 de setembro). En Ovar, resultaron gañadores na proba de media distancia Gustavo Rodríguez e Aída Valiño. 

Información no seguinte enlace: