00:00 h. viernes, 19 de abril de 2024

O Circuito de Carreiras “Correndo por Ourense” acada a súa quinta edición con probas en seis barrios da cidade

Stadio Sport  |  10 de abril de 2015 (02:43 h.)
ourense correndo

Serán nos barrios do Vinteún, Couto, Centro, A Ponte, Zona Universitaria e A Carballeira, entre abril e outubro. O prazo de inscrición -cuxo importe é de sete euros para todo o circuíto-, xa está aberto

 

O popular circuito de carreiras Correndo por Ourense chega este ano á súa quinta edición, mantendo seis probas en diversos barrios da cidade. Os detalles desta nova edición foron presentados este xoves no Salón de Plenos polo concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Hugo Blanco e a coordinadora do circuíto, Marta Míguez. Nesta edición, o circuito chegará, entre abril e outubro, ao Vinteún, Couto, Centro, A Ponte, Universidade e A Carballeira.

Os interesados e interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición -cuxo prezo é de sete euros para todo o circuíto- mediante a web www.deportesourense.com. O prazo de inscrición para as probas xa está aberto, pechando o mércores anterior a cada carreira.

O circuito continúa nun cremento continuo de participantes, pasando das 682 persoas inscritas na primeira edición ás 1.354 desta anterior, en 2014. Destaca en especial o crecemento nun 300% do número de mulleres participantes.

Na presentación deste xoves, o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, fixo entrega dun cheque valorado en 688 euros á asociación Down Ourense, como donación de parte da inscrición da edición 2014. Na organización do circuíto Correndo por Ourense 2015 colaboran o Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a delegación ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.

 

Premios e clasificacións

Todos os participantes e todas as participantes que estean na clasificación xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo, e os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo. Na clasificación absoluta haberá dúas modalidades: 1º clasificado, trofeo e 300 euros de material deportivo; 2º clasificado, trofeo e 200 euros de material deportivo; 3º clasificado, trofeo e 100 euros de material deportivo. A entrega de trofeos e agasallos terá lugar o sábado 14 de novembro na cancha central do Pavillón dos Remedios.

 

Recollida de chips e dorsais

A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 25 de abril no Pavillón dos Remedios, de 10 a 20 horas. Con carácter extraordinario, poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe, dende 90 minutos ata 30 mintuos antes do inicio da primeira proba.

 

Datas e horas das carreiras:

Domingo, 26 de abril: O Vinteún (Primeira saída: 12 horas)

Sábado, 30 de maio: O Couto (Primeira saída: 21 horas)

Domingo, 28 de xuño: Centro (Primeira saída: 12 horas)

Domingo, 6 de setembro: A Ponte (Primeira saída: 12 horas)

Domingo, 27 de setembro: Universidade (Primeira saída: 12 horas)

Domingo, 25 de outubro: A Carballeira (Primeira saída: 12 horas)

Hemeroteca