21:46 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Aroa Freije, cuarta na Copa de Europa de Pentatlón Youth de Gran Bretaña

A galega, que estivo con gripe toda a semana, acusou o cansazo na combinada

Stadio Sport  |  15 de Marzo de 2015 (13:54 h.)
Más acciones:

 

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou na cuarta posición na Copa de Europa Youth de Pentatlón Moderno de Gran Bretaña, que se celebrou hoxe na cidade de Solihull. A galega, que estivo enferma toda a semana, ía na primeira posición ao remate das dúas primeiras probas, pero caeu ata a cuarta posición na combinada. 

Aroa foi dúbida toda a semana para viaxar a Gran Bretaña, xa que estivo enferma con gripe e febre. Pero ante a melloría do xoves, finalmente viaxou e puido competir, aínda que non se atopaba nas mellores condicións físicas. 

Desta forma comezou moi ben a proba. Na natación foi a mellor e na esgrima estivo bastante correcta (con 20 vitorias e 14 derrotas), sendo a sexta mellor. Así chegaba á combinada na primeira posición, e normalmente Aroa destaca nesta especialidade. Pero a nosa deportista estaba moi xusta de forzas e non puido render ao seu nivel. Foi a sexta mellor das competidoras e baixou ata a cuarta posición na clasificación xeral. O triunfo foi para a británica Kerenza Bryson, que foi a máis regular (foi a mellor en esgrima e combinada). O segundo posto foi para Georgina Summers (Gran Bretaña) e a terceira praza para a portuguesa María Migueis.