21:37 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Aroa Freije, campioa de España de Péntatlon Moderno xuvenil, júnior e absoluta

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) segue dando alegrías incribles ao Deporte Galego. Este sábado, con só 16 anos, logrou tres títulos, ao proclamarse en Barcelona campioa de España de Péntatlon Moderno xuvenil, júnior e absoluta

Stadio Sport  |  07 de Junio de 2015 (02:06 h.)
Más acciones:

 

Ademais, era unha proba Open con deportistas importantes, que outorgaba puntos para o o ránking mundial, e rematou na novena posición, polo que sumou puntos, xa pensando en Río.   Aroa chegou á última proba sabendo que xa era a campioa de España, porque Marta García-Miguel (a súa gran rival na loita polo título absoluto) tivo unha desgraciada actuación na hípica e quedou eliminada. Así, a galega non fixo a combinada como ela sabe e perdeu algunhas posicións na xeral, pero coa tremenda satisfacción de saber que lograba tres títulos nun mesmo día. Aroa, a máis xoven de todas as participantes, foi 12ª na esgrima, a terceira na natación, a primeira na hípica e 14ª en combinada. 

Aroa foi novena na xeral con 1.242 puntos, e a gañadora da proba Open foi a irlandesa Elizabeth Brassil (1.353 puntos), que ten catro anos máis que a nosa deportista. 

O pasado ano, Aroa proclamouse campioa de España e de Europa na categoría cadete, e pese ao cambio de categoría, a incorporación de novas modalidades deportivas (esgrima e hípica) e algúns problemas físicos que a tiveron sen adestrar unhas semanas, parecen capaces de frear a esta impresionante deportista.

Este domingo será o momento da competición masculina con Cristóbal Rodríguez, que defende o título de campión absoluto (foi campión nos anos 2010, 2013 e 2014), e Raul Blanco. O deportista lucense está sufrindo bastante por culpa da asma, que non lle permite adestrar con normalidade, aínda que enfronta a proba con moitas gañas. Pola súa parte, Raul Blanco tentará dar un paso máis e proclamarse campión de España xuvenil. O pasado ano acadou a medalla de prata nesta mesma categoría. 

Nesta proba open participarán deportistas de 12 países, polo que se espera un alto nivel competitivo, que será moi positivo para os nosos deportistas. Ademais, terán a posibilidade de sumar puntos para o ránking mundial.