21:41 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Antonio Serrat sétimo na Copa de Europa de Quarteira

O vigués Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou hoxe a sétima posición na Copa de Europa de Quarteira, primeira da presente tempada. Ademais, María Ortega logrou unha magnífica 11ª posición na categoría feminina

Stadio Sport  |  22 de Marzo de 2015 (19:29 h.)
Más acciones:

Na proba masculina, Serrat debutaba como sénior nunha proba que na categoría júnior xa acadara grandes resultados. Pero non comezou demasiado ben na auga. Perdeu minuto e medio de distancia cos mellores e así veuse obrigado a remontar posicións tanto na bicicleta coma na carreira a pe. E o certo foi que estivo a un gran nivel en ambos segmentos o que lle permitiu remontar ata esa sétima posicióncun tempo de 1:50:11). Pola súa banda, Ricardo Hernández (deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD) logrou a vixésima posición cun tempo de 1:51:45, mentres que Diego Paz foi 23º (1:51:55). Esta proba outorga puntos para o ranking aos vinte primeiros clasificados.


Na categoría feminina, boa actuación de María Ortega, que comezou moi forte na auga, aínda que sufriu ao final. De todas formas, rematou nunha estupenda undécima posición cun tempo de 2:09:56. Pola súa parte, Joselyn Brea estivo máis discreta rematando na 33ª posición (2:17:06).