00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

225 inscritos no Duatlón de Guitiriz que se celebra o 7 de marzo

Stadio Sport  |  05 de marzo de 2015 (23:01 h.)
duatlon

É a segunda proba do Circuito Galego de Duatlón de Estrada

 

O sábado 7 de marzo celebrarase o  IX Duatlón Concello de Guitiriz, que conta cunha inscrición de 225 deportistas. Esta proba é a segunda do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada.  

O Duatlón de Guitiriz, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), ten como punto de saída e de chegada a Praza da Igrexa. A proba feminina comezará ás 17:00 horas, mentres que haberá dúas saídas masculinas (ás 15:30 e ás 17:10 para os deportistas de máis nivel). 

Entre os participantes destaca a presenza de Gustavo Rodríguez (Tri- Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), que debutarán en proba oficial esta tempada. Ambos estarán entre o grupo de favoritos xunto aos mexicanos do Tríatlon Arteixo Abraham Castellanos e César Saracho. Na proba feminina as favoritas son Verónica Montes (Tríatlon Trinity) -vencedora en Noia-, Josely Brea (Tri- Penta Terras de Lugo), Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) ou Irene Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo). 

O Circuito Galego de Duatlón de Estrada 2015 está formado por tres  probas. A primeira é a de Noia; a segunda terá lugar o próximo día 7 de marzo en Guitiriz e a terceira é o Duatlón Concello de Lugo (22 de marzo). Todas son clasificatorias para o Campionato Galego (logran praza os 30 primeiros clasificados), que terá lugar en Santiago de Compostela o 18 de abril. Os gañadores do Duatlón de Noia foron Abraham Castellanos (Tríatlon Arteixo) e Verónica Montes (Trinity Tríatlon).  

Hemeroteca