10:52 h. Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Sushi gratis’, de Funboa escénica, inaugura as noites de teatro de outubro no Fórum

A obra forma parte do ciclo ‘Sen Numerar’ e contará con representacións este venres e mañá sábado

Stadio Sport  |  02 de Octubre de 2015 (00:29 h.)
Más acciones:

 

Esta fin de semana o ciclo de espectáculos de pequeno formato Sen Numerar, que acolle o Fórum Metropolitano, achega a representación de Sushi gratis, de Funboa Escénica. Cristina Balboa e Lúa Gándara, que forman parte da compañía galega, presentan unha obra que consideran a terceira peza dunha triloxía formada por Oiseau Rebelle  e  Segue buscando. Sushi gratis, a diferencia das anteriores, é unha comedia máis directa. Organizado en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios, ‘Sen Numerar’ complementa a oferta de artes escénicas da cidade ao achegar a produción teatral ao espectador, proporcionando unha experiencia diferente pola proximidade entre o público e o escenario. A vindeira obra do ciclo chegará a última fin de semana de outubro será As fillas bravas, de Chévere.     

As entradas teñen un custo en venda anticipada de 6 euros. O día da función o prezo será de 9 euros, agás para todas aquelas persoas que gocen dos descontos habituais (maiores de 65, posuidoras de carné xove e desempregadas), que será de 7 euros. Poden adquirirse nos puntos habituais, na praza de Ourense (de luns a venres, excepto festivos) de 9.30 a 13.00 horas de 16.30 a 19.30 horas, na sede AFundación (de luns a sábado, de 09.00 a 21.00 horas), a través do servizo de  venda telefónica 902504500, da web www.ataquilla.com e no propio despacho de billetes do Fórum Metropolitano desde unha hora antes do inicio de cada un dos espectáculos.