00:01 h. jueves, 25 de abril de 2024

El Ruiseñor trae ao García Márquez o clásico La Casa de Bernarda Alba

Stadio Sport  |  23 de septiembre de 2015 (15:44 h.)
ruiseñor

Susana Crespo dirixe unha adaptación realizada por ela mesma do clásico de Federico García Lorca

 

    

A compañía El Ruiseñor chega o sábado ao Auditorio Gabriel García Márquez de Mera para representar La Casa de Bernarda Alba. Susana Crespo dirixe unha adaptación realizada por ela mesma do clásico de Federico García Lorca

Tras a morte do seu segundo esposo, Bernarda Alba reclúese e impón un loito rigoroso e asfixiante por oito anos, prohibindo as súas cinco fillas a que saian á rúa. Angustias, a primoxénita e a única filla do primeiro marido, herda unha fortuna, e está comprometida a Pepe o Romano. O mozo simultaneamente namora a Adela, a irmá menor, quen está disposta a ser a súa amante. A represión e a asfixia á que están sometidas estas mulleres convértese nunha bomba de reloxería nunha casa dominada a golpe de ditadura pola figura materna de Bernarda.

O Ruiseñor leva a escena cun gran respecto este clásico de Lorca, transportando ao público a un mundo de represión e convencionalismos sociais e valores patriarcais onde nacer muller é o maior castigo. O elenco de actores está formado por: Sonsoles Alvarellos, Lidia Gómez, Rosa Gallego, Carolina López, Laura López, Irene Álvarez, Emilia Rodríguez, Diana Núñez, María Martul, Maite Vázquez, Susana Conchado e Samantha Míguez.

 

Hemeroteca