10:57 h. Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

A policía Local descobre 19 plantas de marihuana nunha finca de Lorbé

Axentes da Policía Local de Oleiros descubriron 19 plantas de marihuana nunha finca de Lorbé. Dúas persoas foron identificadas como posibles propietarios da droga

Stadio Sport  |  01 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

As plantas interceptadas atopábanse en cadansúa maceta. Polo que se sospeita serían trasladadas recentemente ata o lugar do achado, nas proximidades da estrada de baixada ao porto, para aproveitar o sol destes días. A finca na que se atoparon está en Lorbé. 

Tanto a Policía Local como o Xulgado de garda lle tomaron declaración aos dous supostos propietarios das 19 plantas. O caso pasa agora a estar en mans da Garda Civil que será quen continúe coas investigacións para esclarecer os feitos.