00:09 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Oleiros loita contra o fracaso escolar cun programa de apoio para os e as ecolares

Stadio Sport  |  29 de diciembre de 2015 (17:40 h.)

O Concello de Oleiros, puxo en marcha durante os  cursos escolares 2013-2014 e 2014-2015 un programa de reforzo escolar dirixido ao alumnado dos Centros Educativos de Oleiros

 

PRAEMO 2016 comezará o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e secundaria do Concello de Oleiros. A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Perillo (Educación primaria os luns, Educación Secundaria os xoves), na Casa do Pobo de Nós (Educación Primaria os martes, Educación Secundaria os mércores) e Centro Social de Rialta (Educación Primaria os mércores, Educación Secundaria os venres). En todos estes espazos o horario do programa será de 17:00 a 19:00 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto e pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e Xuventude sita no centro cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro. Para máis información: 981636598.

Hemeroteca