11:00 h. Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Oleiros continuará formando parte da executiva Fondo Galego de Cooperación

Oleiros conserva a vogalía que xa tiña na executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a presente lexislatura. A concelleira de cooperación, Marga Figueroa Vázquez, seguirá a ser a representante do Concello neste órgano na lexislatura 2015-2019

Stadio Sport  |  30 de Septiembre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A nova Comisión foi elixida a proposta da executiva saínte e tendo en conta a actual situación política das entidades locais galegas. Coa asamblea de hoxe, na que participaron 30 representantes de diferentes concellos de Galicia, queda configurada a rede solidaria do municipalismo galego que seguirá incorporando a defensa dos Dereitos Humanos á axenda local.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 85 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.