00:27 h. Lunes, 20 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Tres nenas exiliadas pola guerra civil contarán a súa historia o xoves na Fábrica

O auditorio do centro cultural A Fábrica acolle este xoves, a partir das 20:00 h, un acto público sobre os nenos e nenas da guerra civil española. Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Marcova relatarán como sendo menores de idade tiveron que fuxir cara a Moscú ante a persecución fascista en España

Stadio Sport  |  13 de Octubre de 2015 (16:33 h.)
Más acciones:

 

A historia que achegarán Araceli, Libertad e Shura ás persoas asistentes estará acompañada dos comentarios do profesor de xeografía e historia Jorge Calle, que porá en situación e contexto a fuxida destas tres nenas cara a Rusia.

Tamén serán proxectados os álbums da guerra de Castelao en Moscú, que contarán coas explicacións do profesor e investigador Xesús Alonso Montero. Carmen Rodeja, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e os estudantes Ángela Pérez e Daniel Sánchez moderarán un acto que durará unha hora, aproximadamente.