00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

Modelos de lingua e compromiso

Stadio Sport  |  18 de septiembre de 2015 (15:57 h.)

A vindeira quinta feira (xoves), día 24 de setembro, A Mesa de Bergantiños organiza, xunto á libraría Brañas Verdes, de Carballo, a presentación do libro "Modelos de lingua e compromiso"

 

 

No acto, que se desenvolverá ás 8 do serán na citada libraría, participarán, Xosé Manuel Sánchez Rei (editor); Xosé Ramón Freixeiro Mato(autor) e Marcos Maceira (presidente da Mesa pola Normalización Lingüística).

Modelos de lingua e compromiso, é unha obra colectiva coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei e editada por Baía Edicións que compila cinco contribucións de Xosé Ramón Freixeiro, Xosé Manuel Sánchez, Laura Tato, Manuel Ferreiro e Goretti Sanmartín, docentes da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e integrantes do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC, que acreditan na desaconsellábel separación entre a calidade do idioma e a súa recuperación, sobre todo naqueles sectores que teñen a obriga de o protexeren socialmente ou naqueloutros que se dedican ao seu estudo.

É posíbel un compromiso real co noso idioma, coa súa normalización e recuperación, sen preocuparse pola súa calidade? Esta pregunta, que vale tanto para persoas, como para colectivos e institucións públicas e privadas, é o piar no que se sustenta Modelos de lingua e compromiso; unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación.

Hemeroteca